domingo, 23 de febrero de 2014

Base rematada e pequenos erros

Nesta semana e algo presentaronse varios problemas e tamén rematamos a montaxe da base.


Algúns empezamos co marco e outros co extrusor, no marco colocamos as pezas e os motores e pouco a pouco cando intentamos ir engadindo o resto de pezas dímosnos conta de que tíñamos que sacar algunhas e colocalas posteriormente. No extrusor o principio faltábanos o tornillo grande, que nos acaba de chegar fai uns días e montamos o resto de pezas.

   
Comprobamos os motores, e un deles non funcionaba pero tras comernos un cacho a cabeza, dímosnos conta de cal era o fallo.Outro fallo foi no eixe X que colocamos do reves as varillas do marco. Cando vimos que non encaixaban as cousas correctamente e non se vía unha boa fachada, baraxamos a posibilidade de que foran colocadas do revés.. -.-'  Ademáis, de todo isto, como xa informamos en twitter, furamos de maneira cutre unha peza...

















Grazas por pasarte e ver as nosas desfeitas e o pequeno progreso! Saúdos!

2 comentarios:

  1. Ánimo PatacaPrusadores! Unha aperta dende A Laracha de Xoquín e Xosé. Iremos seguindo os vosos pasos para ir aprendendo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas! Nós encantados de que os sigades :)
    Un saúdo!

    ResponderEliminar