lunes, 12 de mayo de 2014

Investigando..

Hai uns días xurdiu un problema na pataca prusadora, a corrente non chegaba ao hot-end e tivemos que investigar, chegamos a algunhas conclusións pero non conseguimos saber que fallaba así que se alguén pode axudarnos benvido sexa.




Esta semana estámonos centrando na teoría, concretamente en neumática e electricidade, xa fixemos algún control e bueno... non saíu como todos esperabamos, pero estamos desexando volver a traballar coa pataca prusadora o máis axiña posible e informarvos de novas noticias.
 

Un saúdo!

jueves, 24 de abril de 2014

Post-Semana Santa

Toca volver xa ó choio despois dunha pequena semana de vacacións. Xa nos queda moi pouco, xa que temos feito o extrusor e todos os eixos. Temos en mente empezar xa a ver se damos arranxado o eixe Z porque nin sube nin baixa nada ben.








Agora mesmo como somos moitas mans para estar todos traballando no mesmo algúns de nós (2-3) estamos desmontando placas e facendo outros pequenos traballiños.






             Moitos saúdos!

viernes, 21 de marzo de 2014

Problemas co eixo Z (regular potencia)

 Esta semana Iván e mais eu estivemos a arranxando o eixo Z, xa que non subia nin baixaba, vouvos explicar como o fixemos, por si vos encontrades co mesmo problema.

 Primeiro de todo probamos a movelo a man e vimos que estaban moi duras , o ver esto, collimos un nivel e puxémolas niveladas, deseguido observamos que xa se movian ben sen atascarse.

 Sabendo isto deducimos que lle faltaba potencia e fomos os drivers do eixo Z e pasamos a darlle máis potencia movendo o parafuso do potenciómetro, o problema estaba en que o noso potenciómetro non ten tope e se lle dábamos una volta e quedaba no sitio, non servía de nada.

 Tivemos que ir pouco a pouco, probando distintas posicións ate que  vimos que xa se movían perfectamente e deducimos que tiña suficiente potencia.




domingo, 23 de febrero de 2014

Base rematada e pequenos erros

Nesta semana e algo presentaronse varios problemas e tamén rematamos a montaxe da base.


Algúns empezamos co marco e outros co extrusor, no marco colocamos as pezas e os motores e pouco a pouco cando intentamos ir engadindo o resto de pezas dímosnos conta de que tíñamos que sacar algunhas e colocalas posteriormente. No extrusor o principio faltábanos o tornillo grande, que nos acaba de chegar fai uns días e montamos o resto de pezas.

   
Comprobamos os motores, e un deles non funcionaba pero tras comernos un cacho a cabeza, dímosnos conta de cal era o fallo.Outro fallo foi no eixe X que colocamos do reves as varillas do marco. Cando vimos que non encaixaban as cousas correctamente e non se vía unha boa fachada, baraxamos a posibilidade de que foran colocadas do revés.. -.-'  Ademáis, de todo isto, como xa informamos en twitter, furamos de maneira cutre unha peza...

















Grazas por pasarte e ver as nosas desfeitas e o pequeno progreso! Saúdos!

martes, 28 de enero de 2014

Avances e impresións con Mema

Moi boas pataqueir@s! Canto tempo...
Estas dúas últimas semanas traballamos case todo o tempo por parellas nas clases de tecnoloxía , e esto é un pequeño resumo do que fixemos e de como poco a pouco imos facendo a nosa impresora 3D :

-Iván e Borja empezaron a montar o eixo Y e aínda que todavía non o remataron xa lles queda pouco.


-Javi e Kevin estuveron calibrando os motores e deixándoos listos para funcionar

-Mónica e eu estivemos soldando os finales de carreira , solo tivemos que soldar dous porque o outro xa o soldara Iván . Tamén estivemos intentando arreglar uns portapilas , pero solo funcionan dous.

-Sergio axudounos a Mónica e a min cos finales de carreira , e tamén lle axudou a Borja a facer algo pero non estou moi seguro de que.

Tamén diseñamos uns chaveiros personalizados cos nosos nomes , pero por unhas complicacións coa impresora de Tucho xa que o filamento non podía pasar polo extrusor e entón non poidemos imprimilos...


Esto é o que fixemos estas dúas semanas , cada día estamos máis cerca de terminar a nosa impresora